As contas da Asociación de Veciños do Araño
7 MarEsta fin de semana tivo lugar unha asamblea na Asociación de Veciños do Araño, na cal presentaros as contas anuais e tamén informaron das xestións e peticións realizadas dende o 2008 (ciclando na imaxe podedes ver o documento en pdf):
A verdade é que só cabe felicitalos polo seu traballo, pola súa transparencia e por levar tan ben as contas. Como vedes, xestionaron 47 peticións a diferentes administracións para mellorar os servizos da parroquia do Araño e pecharon o 2011 cun saldo positivo nas contas de 4.023 euros. Fixeron moitas actividades por pouco diñeiro, economizando e botando man da imaxinación e da axuda dos veciños, así que dende este blog, un merecido aplauso.
Por certo, se sodes veciños e vos queredes facer socios, tedes este mes de marzo para apuntarvos. Son 12 euros anuais (coma quen di 1 euro por mes) e axudades ao desenvolvemento social, cultural e de infraestruturas en Rianxo, xa que son como a voz da parroquia ante o Concello ou a Deputación. Eu xa teño tamén o meu carné de socio. E se vós queredes o voso, estarán na escola de Buhía os domingos deste mes de marzo 😉
Subida ao Pozo Bastón dende a Igrexa do Araño
9 NovO pasado 9 de outubro tivo lugar unha ruta de sendeirismo no Araño.
Para comentar a xornada, dicir que se saíu ás 9.00 da mañá do aparcadoiro da igrexa parroquial con destino ao Pozo Bastón. Unha vintena de veciños apuntáronse ao roteiro, que pasaba pola Capela, Bergando e Buhía. Dende Arousa Norte tamén se regalaron uns kits cunha mochila e información sobre a bisbarra.
Velaquí as fotos, que tan amablemente nos pasou o secretario da Asociación de Veciños do Araño, Eduardo Moares.
Aquí, con bo ritmo, pasando xa pola Capela:
E na seguinte imaxe á altura de Bergando:
Aquí o grupo pasando por Buhía:
Pasando a Ferrería:
Collendo o desvío cara ao Pozo Bastón:
E xa no Pozo Bastón. A camiñata pagou a pena e, segundo me comentaron, á volta houbo unhas empanadas de Soto que voaron en nada 🙂
O Pico Muralla
1 OutO Pico Muralla é o punto máis alto da xeografía rianxeira, pero tamén o lugar no que o concello limita con outros tres veciños. Deste xeito alí hai un monolito no cal se indican os concellos que conflúen nese punto: Dodro, Rois, Lousame e…
pois o cuarto concello en discordia é nin máis nin menos que Rianjo. Parece mentira!! E que mal soa a todo isto.
Eu no De Luns a Venres
22 XuñComo vos comentei noutra ocasión, unha moi boa amiga miña é coordinadora no xornal gratuíto en galego De Luns a Venres. Pois o caso é que se ve que non tiña a ninguén a man que me liou para facerme unha mini entrevista. Vamos, que lle debía servir calquera, jeje
Aquí vos deixo o resultado e así tamén me vedes todo guapo 😉































