As contas da Asociación de Veciños do Araño

7 Mar

Esta fin de semana tivo lugar unha asamblea na Asociación de Veciños do Araño, na cal presentaros as contas anuais e tamén informaron das xestións e peticións realizadas dende o 2008 (ciclando na imaxe podedes ver o documento en pdf):

A verdade é que só cabe felicitalos polo seu traballo, pola súa transparencia e por levar tan ben as contas. Como vedes, xestionaron 47 peticións a diferentes administracións para mellorar os servizos da parroquia do Araño e pecharon o 2011 cun saldo positivo nas contas de 4.023 euros. Fixeron moitas actividades por pouco diñeiro, economizando e botando man da imaxinación e da axuda dos veciños, así que dende este blog, un merecido aplauso.

Por certo, se sodes veciños e vos queredes facer socios, tedes este mes de marzo para apuntarvos. Son 12 euros anuais (coma quen di 1 euro por mes) e axudades ao desenvolvemento social, cultural e de infraestruturas en Rianxo, xa que son como a voz da parroquia ante o Concello ou a Deputación. Eu xa teño tamén o meu carné de socio. E se vós queredes o voso, estarán na escola de Buhía os domingos deste mes de marzo 😉

 

Unha resposta a “As contas da Asociación de Veciños do Araño”

  1. Asociación de Veciños de Araño 03/31/2012 ás 18:44 #

    Gracias no nome da Asociación. Non se podería facer nada sen apoio dos veciños así que poderíamos decir que é un mérito de todos os que participan.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: