É todo sorriso. Silvia Ferré Casar é desas persoas que che transmiten optimismo e vitalidade. De seguro que moitos a coñecedes porque estivo cantando na orquestra Gran Parada moito tempo e actualmente é a vocalista do grupo de Roi Casal. Pero se mañá ides á pasarela Castelo da Lúa (que terá lugar no pavillón de deportes de Rianxo a partir das 20.00h) poderedes ver as súas creacións, a través da súa marca SFC Artesanía Creativa. Nesta entrevista pasamos a coñecela un pouco máis. Ademais, o mes que vén tamén terá o seu lugar na na exposición de Ruando Rianxo que inauguraremos no auditorio.
Tag Archives: Silvia Ferré Casar