Tag Archives: XII festival de baile e música tradicional Aleivosía

XII Festival de Baile e Música Tradicional Aleivosía

11 Ago

AleivosíaO vindeiro día 16 de agosto celebrarase o XII Festival de baile e música tradicional Aleivosía. Será a partir das 21:30h na praza de Rafael Dieste (Rianxo). Participarán as diferentes agrupacións que conforman Aleivosía, cun total de 7 agrupacións formadas por nenos e maiores de entre 3 a 50 anos de idade, que ofertarán unha noite chea da mellor esencia da cultura tradicional con bailes, pandereteiras, gaiteiros…

O festival está organizado pola Asociación Sociocultural Fogo Fatuo e colabora o Concello.