Como cada ano, a Agrupación de baile e música tradicional Aleivosía (pertencente á Asociación Sociocultural Fogo Fatuo organiza o Festival de baile e música tradicional Aleivosía. E xa van 13 edicións que de seguro traen moi boa sorta á formación.
Fotos do Festival Aleivosía 2014 (II parte)
19 AgoFotos do XII Festival de Baile e Música Tradicional Aleivosía
18 AgoXII Festival de Baile e Música Tradicional Aleivosía
11 AgoO vindeiro día 16 de agosto celebrarase o XII Festival de baile e música tradicional Aleivosía. Será a partir das 21:30h na praza de Rafael Dieste (Rianxo). Participarán as diferentes agrupacións que conforman Aleivosía, cun total de 7 agrupacións formadas por nenos e maiores de entre 3 a 50 anos de idade, que ofertarán unha noite chea da mellor esencia da cultura tradicional con bailes, pandereteiras, gaiteiros…
O festival está organizado pola Asociación Sociocultural Fogo Fatuo e colabora o Concello.
XI festival de baile e música tradicional Aleivosía
25 AgoOnte dia 24 de agosto celebrouse na praza de Rafael Dieste o XI festival de baile e música tradicional Aleivosía.
A Agrupación de baile e música tradicional Aleivosía pertencente á Asociación Sociocultural Fogo Fatuo de Rianxo e en colaboración coa Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo, levaron a cabo este evento dentro da programación do Verán Cultural 2013.
Polo palco habilitado para a ocasión pasaron un total de 7 agrupacións que conforman Aleivosía e que contan con integrantes dende os 3 até os 50 anos de idade que deleitaron ó numeroso público asistente na praza a unha noite chea da mellor esencia da cultura tradicional con bailes, pandereteiras, gaiteiros, e un sorteo de diferentes agasallos que foron entregando ós/ás gañadores/as.
Aquí vos deixamos unhas fotiños do que foi dando de si o festival.
Preestrea da obra “O tempo de pájaro pinto
5 AbrHoxe tivemos a sorte de asistir á preestrea de O tempo de Pájaro Pinto, obra escrita polo xa falecido Andrés Martínez “Pancho”, e posta en escea polo Grupo artístico de teatro, música e danza de Rianxo, coas colaboracións do Concello de Rianxo, Asoc. Cultural Fogo Fatuo e o Cadro Artístico Airiños
-Elenco de actrices e actores que representan a obra:
-Texto do programa de man da autoría do amigo Xesús Santos:
Recente aínda o éxito de “O soño do barbeiro”, comeza Pancho Martínez a escribir un novo texto teatral ocorrido nunha vila mariñeira: “O tempo do pájaro pinto”. Pero o infortunio arrancouno de entre nos nada mais comezar os ensaios; por iso os compoñentes do elenco -que el mesmo elexíra- fixo seu o compromiso de levar a cabo o proxecto inicial, e así renderlle unha homenaxe de gratitude a un home que, dende a triple vertente de actor, autor e director teatral, animou e realzou a escena galega.
O nome da obra ven dunha cantiga que se fixo popular os anos corenta e que coincidíu no tempo cun enorme banco de xoubas., Un xoubal que durou dous anos e fixo cambiar por completo a vida económica dos mariñeiros. Pero como o diñeiro se gastou a mans cheas, sen previsións de futuro, a ganancia da xouba foise indo e a vila quedou sumida outra vez nun mar de escasedade, sen outra saida posible máis que a da emigración.
O fio argumental mantense na conversa entre un avó e un neto que busca información para escribir unha novela, deste modo toman vida os sucesos mais relevantes da época. Pola escena pasan ademais do alcalde e o mestre, mariñeiros e pescas, que alternan con outros personaxes curiosos, como son un fracasado inventor brasileiro ou un avispado vendedor andaluz, que tanto lle vende ás señoras xoias e perfumes coma lle monta aos maridos un espectáculo de cabareteiras.
Hoxe imaxinamos ao amigo Pancho polo escenario do ceo cunha claqueta que di: ¡Graciñas, Rianxo!. E nós respondémoslle:
¡¡Graciñas, recordado Pancho!!
A obra e moi entretida e amena de pasar, deixovos unhas cantas fotiños do que foi dando de si a función:
-O alcalde Adolfo Muiños e José Ricardo losada, que se encargaron de darlle entrada á obra, (cabe destacar a emotiva louvanza de Ricardo a Pancho).
-Avó e neto dando pe a cada pase:
-As pandeiras de “Aleivosía” da Asoc. Cultural Fogo Fatuo.
-E diferentes tomas do transcorrer da obra:
Por último cabe tamén destacar que canda a obra íanse proxectando imaxes antigas de Rianxo tiradas do libro “Rianxeiros” O legado de Xosé Pérez -Casa Museo Manuel Antonio.