Onte dia 24 de agosto celebrouse na praza de Rafael Dieste o XI festival de baile e música tradicional Aleivosía.
A Agrupación de baile e música tradicional Aleivosía pertencente á Asociación Sociocultural Fogo Fatuo de Rianxo e en colaboración coa Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo, levaron a cabo este evento dentro da programación do Verán Cultural 2013.
Polo palco habilitado para a ocasión pasaron un total de 7 agrupacións que conforman Aleivosía e que contan con integrantes dende os 3 até os 50 anos de idade que deleitaron ó numeroso público asistente na praza a unha noite chea da mellor esencia da cultura tradicional con bailes, pandereteiras, gaiteiros, e un sorteo de diferentes agasallos que foron entregando ós/ás gañadores/as.
Aquí vos deixamos unhas fotiños do que foi dando de si o festival.
Como nota final, e vista a tal cantidade de xente que se reuniu para ver ós grupos subir e baixar do escenario, coidamos que sería interesante e de cara ó ano que vén, que se xuntaran todas as asociacións e agrupacións de baile e canto tradicional do Concello nun día e desfrutar deste pracer que resulta de velos bailar, cantar e tocar enriba dun escenario.
Totalmente dacordo co de xuntar a todas as agrupacións. Sería marabilloso xuntar todas as agrupacións e darnos conta da riqueza asociativa do noso Concello.