Preestrea da obra “O tempo de pájaro pinto

5 Abr

Hoxe tivemos a sorte de asistir á preestrea de O tempo de Pájaro Pinto, obra escrita polo xa falecido Andrés Martínez “Pancho”, e posta en escea polo Grupo artístico de teatro, música e danza de Rianxo, coas colaboracións do Concello de Rianxo, Asoc. Cultural Fogo Fatuo e o Cadro Artístico Airiños

-Elenco de actrices e actores que representan a obra:

Image

-Texto do programa de man da autoría do amigo Xesús Santos:

Recente aínda o éxito de “O soño do barbeiro”, comeza Pancho Martínez a escribir un novo texto teatral ocorrido nunha vila mariñeira: “O tempo do pájaro pinto”. Pero o infortunio arrancouno de entre nos nada mais comezar os ensaios; por iso os compoñentes do elenco -que el mesmo elexíra- fixo seu o compromiso de levar a cabo o proxecto inicial, e así renderlle unha homenaxe de gratitude a un home que, dende a triple vertente de actor, autor e director teatral, animou e realzou a escena galega.

O nome da obra ven dunha cantiga que se fixo popular os anos corenta e que coincidíu no tempo cun enorme banco de xoubas., Un xoubal que durou dous anos e fixo cambiar por completo a vida económica dos mariñeiros. Pero como o diñeiro se gastou a mans cheas, sen previsións de futuro, a ganancia da xouba foise indo e a vila quedou sumida outra vez nun mar de escasedade, sen outra saida posible máis que a da emigración.

O fio argumental mantense na conversa entre un avó e un neto que busca información para escribir unha novela, deste modo toman vida os sucesos mais relevantes da época. Pola escena pasan ademais do alcalde e o mestre, mariñeiros e pescas, que alternan con outros personaxes curiosos, como son un fracasado inventor brasileiro ou un avispado vendedor andaluz, que tanto lle vende ás señoras xoias e perfumes coma lle monta aos maridos un espectáculo de cabareteiras.

Hoxe imaxinamos ao amigo Pancho polo escenario do ceo cunha claqueta que di: ¡Graciñas, Rianxo!. E nós respondémoslle:

¡¡Graciñas, recordado Pancho!!

A obra e moi entretida e amena de pasar, deixovos unhas cantas fotiños do que foi dando de si a función:

-O alcalde Adolfo Muiños e José Ricardo losada, que se encargaron de darlle entrada á obra, (cabe destacar a emotiva louvanza de Ricardo a Pancho).

Image

-Avó e neto dando pe a cada pase:

Image

-As pandeiras de “Aleivosía” da Asoc. Cultural Fogo Fatuo.

Image

-E diferentes tomas do transcorrer da obra:

Image

Image

Image

Image

Image

Image

Image

Image

Image

Image

Image

Image

Image

Image

Image

Por último cabe tamén destacar que canda a obra íanse proxectando imaxes antigas de Rianxo tiradas do libro “Rianxeiros” O legado de Xosé Pérez -Casa Museo Manuel Antonio.

Advertisements

2 Respostas to “Preestrea da obra “O tempo de pájaro pinto”

  1. gonzalo suarez gonzalez 04/09/2013 ás 18:11 #

    O CONCELLOS DE RIANXO COMO ANFITRION SUGIERO DEBE ENVIAR INVITACION A OS COLEGAS PARA REPETIR ESTA OBRA CONSIDERADA MOI INTERESANTE
    O COMADANTE DA GARDA CIVIL D.URBANO

    • xoancastro 04/09/2013 ás 20:21 #

      Amigo D. Urbano, coido que eses menesteres os terán que valorar, tanto os actores da obra coma o concello, (pero tamén vexo que aquí os “anfitrións” serán os actores e actrices) e claro que si, estaría moi ben que se poidera repetir tan boa obra que tiven o pracer de disfrutar.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: