Como cada ano, a Agrupación de baile e música tradicional Aleivosía (pertencente á Asociación Sociocultural Fogo Fatuo organiza o Festival de baile e música tradicional Aleivosía. E xa van 13 edicións que de seguro traen moi boa sorta á formación.
A partir da 21:30 horas poderedes desfrutar na praza de Rafael Dieste de ata 10 diferentes agrupacións que conforman Aleivosía. Bailarán e tocarán nenos e maiores, de entre 3 a 60 anos de idade, ofrecendo “unha noite chea da mellor esencia da cultura tradicional con bailes, pandereteiras, gaiteiros…”, segundo explican dende a Asociación. Así que non faltes 😉
Deixar unha resposta