Decepción

18 Set

Como moitos sabedes, para o ano haberá menos días de festa na Guadalupe. Para min particularmente é unha decepción. Unha decepción porque non fago máis que escoitar que a xente de Rianxo vive como ninguén as súas festas. Porque sempre oio como os de aquí presumen con orgullo de teren as mellores festas de Galicia. Pois ao final vai ser que non todo é tan bonito como o pintaban ou que hai moita hipocrisía na rúa.

Ante a perspectiva de que ante os moitos gastos que xeraba a festa ou ben os rianxeiros pagaban algo máis de cota ou ben había que recortar os días, a xente votou por isto último. Polo que dixeron houbo trinta e pico votos nulos, 555 votos a favor de pagar máis cota e 653 a favor de baixar os días. Hai que recoñecer que na comisión de festas son uns señores por darlle a oportunidade á xente da vila de escoller que opción preferían. Pero tamén teño que dicir que eu non o faría, eu directamente subiría a cota. E por que o digo? Pois porque creo que 60 euros por matrimonio non é tanto. Se temos en conta que son sete días de festa (sen contar o primeiro venres), pois cada día ten un custo para cada un dos membros da parella de 4,28 euros. Son moitos cartos? Que pasa, que non podemos pasar algún día sen tomar unha cervexa ou un cubata e destinar ese diñeiro para as festas?

Vamos, creo que a xente se queixa de vicio. Os matrimonios de xubilados pagan (iso creo) 30 euros, que tampouco é excesivo. E despois está a xente nova, que tamén debería de contribuír con algo de cartos. É un pouco triste ver o número de juadalupeñas que hai en Rianxo e que o día do chupitaso poucas foron as que se citaron, porque para facelo todos os membros teñen que poñer 1 euro (que despois se destinan a gastos como o concerto de Rock in Rian ou as actividades do día das Juadalupeñas).

E subiría tamén a cota directamente porque sei de máis dun matrimonio que en lugar de pagar os 60 euros paga 30 ou 40 e tivo tamén dereito a votar. Vamos, que se xa non pagas a cota actual, está claro que non vas querer pagar máis. E, pola contra, eu, que son do Araño e que levo tres anos dando cartos para as festas de Rianxo, porque tamén considero que son miñas e porque as desfruto coma o que máis, pois non tiven dereito a votar. Aproveito tamén para dicir que no Araño se pagan 80 euros para as festas (este ano non, porque non houbo comisión nin festa) por só tres días e con orquestras de terceira.

Para rematar, só dicir que o sinto sobre todo pola xente da Comisión de Festas que fan un gran traballo. O presidente, o Xixí, cando comunicaba a decisión de baixar os días enriba do palco da Marbella, dicía que se sentía triste, porque sempre se esforzaron por facer das nosas unhas festas de sona e de recoñecemento. A iso das 8 da mañá vino polo campo de arriba e feliciteino persoalmente a el e á xente da comisión polo gran traballo que fixeron (e que fan ano a ano). E díxenlle que non estaba de acordo cunha cousa que dixo, xa que pediu perdón por se se equivocaran en algo ou fixeran algo mal. Díxenlle que non tiña porque pedir perdón, porque sempre actúan de corazón e pensando no mellor para a vila e a Guadalupe. As cousas poden saír mellor ou peor, pero detrás hai moitas horas e o labor de todo un ano. Criticar é moi sinxelo, pero xa me gustaría ver a min a todos aqueles que falan mal xestionando as festas e agora tendo que decidir que é o que se recorta para o ano: o día de Padrón?, o día das Juadalupeñas?, o feirón?, Rianxolandia?, os xogos populares?…

Por primeira vez en 13 anos de historia das festas, no 2011 non poderemos cantar iso de “P’ó ano 15 días, p’ó ano 15 días”, pero si que cantaremos “P’ó ano sete días, p’o ano sete días”.

Advertisements

3 Respostas to “Decepción”

  1. ana 10/13/2010 ás 15:04 #

    son de Rianxo , e gustanme as festas ,en algo tes razón, o que pagamos non e moito,60 euros , non son cartos ,en calquera parroquia do Concello se paga mais ,e non hay tantas actividades e concertos de bandas, Pero tamén che digo unha cousa , teño 58 anos , o ultimo dia da festa a xente saia da súa casa as catro da mañan e iba para o campo a bailar, hoxe en dia non se pode facer eso, o campo esta cheo de botellas eso e un desmadre , non estamos en contra da festa estamos en contra do botellon , entendo que a xuventude ,se ten que divertin , pero o viernes ven toda a ….. a desfacer todo e deixar todo o pueblo cheo de basura e porqueria, ,que saquen o viernes .

  2. pili 10/18/2010 ás 10:14 #

    as festas son para divertirse,si se mancha hai barrendeiros para limpar,esa non e a cuestion,a cuestion e que vos fixeron unha pregunta (e contestastes outra )e vos votasteslle no a festa.si o que queriades que non haia botellon esa e outra pregunta.os que votastedes non ides a(joder a festa)mais importante de galicia.non sabedes o que queredes.viva a juadalupe!!!!!!!!!!!!!!!!!!

  3. pili 10/18/2010 ás 10:16 #

    e porque teñen que quitar o viernes?que vos quiten o feiron a ver si vos justa.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: