Creo que unha das curiosidades que temos todos os veciños é saber canto gaña o alcalde do noso Concello. Pois ben, segundo vexo nunha información publicada en El Correo Gallego, Adolfo Muíños cobrará 41.000 euros brutos. Pola súa banda, o tenente de alcalde, Carlos Gey, gañará 36.900 euros brutos ao ano.
O certo é que non sei cando gañaba antes Pedro Piñeiro, polo que non sei se é o mesmo soldo, se o baixou ou se o subíu. Non obstante, na mesma nova de El Correo Gallego aparecen os soldos dos outros alcaldes do Barbanza:
- Ribeira: Manuel Ruiz cobrará 56.000 euros brutos
- Boiro: Juan José Dieste cobrará 55.876 euros brutos
- A Pobra do Caramiñal: Isaac Maceiras cobrará 48.143 euros brutos
Que che parecen estes soldos? Tes idea de canto cobraba antes Pedro Piñeiro?
Teño entendido (ahora non podo confirmar onde o vira ou escoitara) que cobraba 75.000€ ó ano.
E si que teño escoitado que cobraba mensualmente do concello case 5.000€ ó mes (brutos) e mais ou menos outro tanto da diputación (por dietas e traslados) En bruto andaba por encima dos 9000 mensuales, entre o concello e a diputación. (así se entendía que ultimamente andubera tanto pola diputación e faltara moitas veces co concello)
A miña opinión é que os alcaldes deben cobrar un bo soldo. Non me atrevo a cuantificar eso pero si é certo que a dedicación, esforzo e responsabilidae son moi altas e merecen estar recoñecidas. Ao fin e ao cabo, mal ou ben, no caso concreto de Rianxo, xestionará unha empresa con 90 empregados, 12.000 “clientes” directos e un presuposto de arredor de 6 ou 7 millóns de euros. Calquer xerente ou director da empresa privada con eses números cobraría, seguro, mais.
No caso de Adolfo, polos número que se dan, parece que o salario líquido andará preto dos 3.000 €, e polo menos intentaron ofrecer unha imaxe de austeridade respecto do anterior.
Preocúpame mais que sexan capaces de facer unha xestión eficiente dos recursos municipais e que non se despilfarren os cartos.
Outra cousa, penso que os días que asisten os alcaldes á Deputación son fixos e están regulados (plenos e comisións) polo que o que cobran desta é fixo e está estipulado. Vamos, que non poden ir todos os días para cobrar mais.
Certo no tema da deputación, pero con matices. A “diputación” elixe alcaldes para “participar” mais activamente na súa xestión. Foi sonado na provincia de pontevedra nestas ultimas eleccións a polémica que tiña Louzán co alcalde de Vilagarcía e o non alcalde do PP de Pontevedra, Louzán escollía ó non alcalde de pontevedra para facer parte da diputación e participar mais, e deixaba ó alcalde de Vilagarcía, tamén do PP sen case ningunha participación.
Con este exemplo quería decir, que si, que cada alcalde ten uns dias de “participación” e asistencia á diputación, pero Pedro nos ultimos anos fora subindo importancia dentro da diputación da Coruña e na ultima lexislatura tiña varios dias ó mes de estar na diputación, de ahí que cobrara tanto.
PD: rumorearase por rianxo que nas eleccións do 2003, como Pedro aumentara tanto a maioría absoluta incluso podía ser o presidente da diputación. Rumores de rianxo, pero que eran reflexo da importancia que estaba collendo.
Home, eu lembor no seu día que Pedro Piñeiro se enfadara con Touriño e fora algo relativo á Deputación. De feito o PSOE sempre celebraba o 25 de xullo en Rianxo e aquel ano Pedro Piñeiro non estivera co resto de membros do partido amosando o seu malestar. Estiven intentando buscar algo na hemeroteca dos medios pero non dei atopado nada 😦