A festa dos Milagros do Araño 2011

8 Ago

Como cada primeiro domingo de agosto, na parroquia rianxeira do Araño celébrase a festividade da Nosa Señora dos Milagros. Hai misas cada hora, dende as 8 da mañá, pero sen dúbida, a que ten maior afluencia é a da 1 do mediodía, na que se realiza unha pequena procesión que remata coa imaxe da Virxe na igrexa parroquial. Velaquí as imaxes deste ano.

Remato a serie de imaxes, coma sempre, co posto das sandías 🙂

Como nota curiosa, comentar que pola tarde, o meu pai e máis eu quixemos ir en bicicleta polo monte (aínda que tivemos que volver mollados coma pitos). O caso é que baixando do Vilar (cando faltaba un quilómetro para o campo de fútbol), atopámonos co camión da orquestra Passarela, que nos preguntou se había máis arriba algún sitio para dar medio volta ao tráiler. O que non sei é como non deron volta directamente no campo das festas ¿?

Unha resposta to “A festa dos Milagros do Araño 2011”

  1. fjrial (@fjrial)'s avatar
    fjrial (@fjrial) 08/12/2011 ás 09:19 #

    Que recordos!! Nin me lembraba..
    Acabo de topar o teu blog de casualidade.. interesante
    fotosderianxo.com

Deixar un comentario