A pasada fin de semana celebrouse a Festa do Mexillón de Rianxo. O certo é que esta festa cambiou moito nos últimos anos e, mentres antes se facía pola tarde e estaba pensado para os turistas, agora colleu unha maior dimensión e dura toda a fin de semana, conta con moitas actividades e mesmo actuacións musicais. De todos os xeitos, foi unha lástima o tempo, porque o domingo debeu ser dos peores días do verán.
Eu paseime por alí o sábado ás 11 da noite e este era o ambiente.
Polo que escoitei o sábado estivo moi ben. Mágoa de mal tempo o domingo. De tódolos xeitos penso que te confundes nunha cousa. A festa á que fas referencia é a Festa do Turista que se organizaba pola Capela de San Bartelomeu e que consistía básicamente nunha mexillonada.
Nada que ver con esto, que ten outros fins como son a promoción e exaltación dun producto e que vai pola segunda edición.
A ver si seguen con gañas de traballar e pouco a pouco vai a mais.
Graciñas pola aclaración. Eu pensaba que era a mesma festa. Xa acabo de tachar a frase 🙂