Hai tempo publiquei un post sobre como usan os políticos rianxeiros as redes sociais. Salvo cousas mellorables creo que en xeral se avanzou (agás no caso do PSOE de Rianxo, que non fai nada).
Pero ben, hoxe tócame comentar un exemplo do que (ao meu entender, porque todo é subxectivo) non é adecuado. Creo que os políticos deberan actuar sempre con respecto e que as redes sociais se deben usar para para fomentar a participación da cidadanía, para que nos conten o que pasa nos plenos de Rianxo, para que se fiscalice tamén o que acontece no Concello, para que se reciban as ideas e as queixas dos veciños, etc., pero non para isto 😦
Hola, xa hai uns meses que lein estes posts de como usan os partidos políticos as redes social, e a verdade é que suscribo a maioría do que decias. Estaba pensando en escribir un pequeno artigo pronto, para o “blog” que teño en facebook sobre este tema.
P.D. Nos enlaces deberías intentar que cargue a páxina noutra pestaña, que senón faise moi pesado andar de atrás para adiante co navegador.
Un saúdo.
Acabo de ler a primeira entrada do teu “blog-face” e teño que dicir que me parece moi interesante, así que me pasarei con regularidade por el para botarlle un ollo e informarme 🙂