A xente de WordPress.com, a plataforma onde teño aloxado o meu blog, sempre me manda a primeiros de cada ano información sobre as estatísticas do blog, e quería compartila con vós
Por exemplo, o blog tivo 20.000 visitas durante o ano pasado. E algunhas das cousas máis vistas foron anteriores ao 2012, polo que hai cousas que seguen a interesar 🙂
Publiquei no blog 86 entradas novas e 380 fotos, o que é sobre unha foto por día. O máis visto, para variar, foron os posts sobre as festas da Guadalupe.
Fai clic aquí para ver o informe completo (ollo, que o mandan en inglés).
Resultame simpático o dato que o artigo mais visto foron as fotos do ultimo día da Guadalupe, moito borracho debía haber mirando o ordenador para ver se o pillaran, jajaja