50.000 grazas

18 Mar

50000_1

50000

Hoxe colgo un par de fotos comigo (que non miñas, porque son do amigo Xoán Antón) para agradecervos unha cifra que non deixa de ser significativa: 50.000 visitas ao blog. A algún de seguro que lle parecen poucas, pero a min parécenme demasiadas para un pequeno proxecto que trataba de recoller en fotografías todo o que ten Rianxo. Era unha forma de descubrir os recunchos de cada unha das nosas parroquias, ao tempo que podiamos coñecer aos nosos veciños ou ben ter información de eventos interesantes.

O blog, ademais, cumpriu o pasado mes de febreiro nin máis nin menos que catro anos. O 16 de febreiro de 2009 abría esta bitócara cunha foto da estatua de Castelao na Ribeira. Así que toca unha dobre celebración.

Facendo números, o que máis se busca no blog son as fotos das festas da Guadalupe. De feito, no mes de setembro e de outubro as visitas dispáranse sempre 🙂 Pero tamén é moi consultada a sección de Rianxeiros, a dos Cruceiros, a dos pazos do Concello (o dos Calotes e o de Baltar), e tamén a entrevista a Vanessa Martínez e a reportaxe a Esther Carrodeguas. Outro dato curioso é que despois de España está Estados Unidos en canto a visitas, e despois veñen Alemaña, Suíza, Uruguai e Francia.

Como moitos xa sabedes, vivo por causa do traballo (e agradecido que estou) na Coruña, aínda que como bo rianxeiro sempre que podo veño ata a terra, así que non sempre podo facer todas as fotos que me gustaría. Dende hai uns meses, non obstante, Xoán Antón Castro tamén escribe e publica neste blog, así que quero darlle as grazas polo seu traballo, porque moitas das visitas son mérito del. Intentaremos afondar a partir de agora nunha etapa máis informativa neste blog, sen perder a referencia fotográfica e a recompilación de imaxes dos lugares interesantes da nosa localidade. E tamén daremos boa mostra do que estamos a facer para a exposición de Ruanxo Rianxo.

Agardo que sigades participando neste blog porque é un pracer a vosa visita 😉

3 Respostas a “50.000 grazas”

  1. xoancastro 03/18/2013 ás 12:37 #

    Mil grazas a ti, amigo Oscar, por me deixar partillar neste teu caderno de bitácora, que, como ben sabes tanto me gustou dende un principio que o coñecín. Moitas grazas tamén ás persoas que cada día fan que as visitas ó blog sigan aumentando.

    É pra mín un gustazo terche tamén neste noso proxecto que é RUANDO RIANXO, e que tantos quefaceres nos está a dar, ainda que tamén as sorpresas e alegrías son moitas.

    O dito, prezado amigo, aquí estamos, e erros aparte, vaiamos xa a por esas 100.000 vistas.

    • fotosderianxo 03/18/2013 ás 19:58 #

      As fotos, en boa compañía, saen mellor 🙂

      E sen dúbida as 100.000 visitas non tardarán, así que hai que ir pensando xa na seguinte foto, pero dos dous xuntos.

  2. Andrés 03/22/2013 ás 11:59 #

    Non son de Rianxo ainda que me sinto moi vencellado ao teu povo desde hai moitos anos e aí volto cada vez que podo. Alí teño lembranzas, vivencias, amigos, mesmo parte da miña familia viveu aí hai xa oitenta anos. Sempre recibín novas de Rianxo por amigos, xornais, etc. ata hai uns tres anos que coñecín por casualidade o teu blog, buscando….fotos de Rianxo, claro, e desde aquela non deixo de seguilo e de saborear todas as novas e fotos que vas metendo. Por iso non teño máis que sentirme agradecido polos bos momentos que me fas pasar e darche os parabéns polo teu traballo. Longa vida a Rianxo e longa vida ao teu blog.
    Un saúdo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: