O Club Xadrez Rianxo organiza o próximo sábado 23 de marzo as 12:00 horas no Auditorio de Rianxo unha conferencia de primeiro nivel, xa que a imparte o xornalista deportivo e especialista en xadrez Leontxo García.
Baixo o título de “Viaje al fascinante mundo del ajedrez”, Leontxo García nunha viaxe imaxinaria de centos de séculos na histora do xadrez, deterase nos momentos máis importantes deste deporte, dende a súa invención na India ata a súa chegada a España cos musulmáns. Tamen contará as súas vivencias persoais cos mellores xogadores dos últimos 35 anos, como Fischer, Karpov, Kasparov, Anand, Carlsen ou as irmás Polgar.
A conferencia, segundo nos indican dende o Club Xadrez de Rianxo, “está pensada para todos os públicos e, sen subida, é un acto que vai sorprender totalmente a todos os asistentes pola capacidade do conferenciante de atraer a atención dos participantes. Un evento moi ameno e cargado de anécdotas”.
Leontxo García é conferenciante, presentador, comentarista e xornalista especializado en xadrez. Ten a Medalla al Mérito Deportivo, outorgada polo Gobierno español en setembro de 2011, posúe o Premio do Comité de Deportes da URSS, concedido en Leningrado 1986, “pola mellor cobertura do Campeonato do Mundo de Xadrez” e os Premios Nacionais Chessy 2007 e 2011 “á persoa que máis difundiu o xadrez en España”. Ademais, é xornalista en El País onde escribe unha columna diaria e colabora semanalmente con RNE.
Velaquí o podedes ver neste vídeo falando sobre a rivalidade entre Karpov e Kasparov:
Invitamos a todos os rianxeiros e xente da bisbarra a acudir a esta conferencia que seguro que vai a sorprender a todos os asistentes.
Lonxe do que pode parecer, a temática esta pensada para todos os públicos e Leontxo García seguro que nos vai a acercar as grandes figuras dos últimos 35 anos contando un montón de anécdotas e vivencias personais.
Pois estivo ben interesante. Moitas cousas que contar e moi ben contadas. Só con algún dos temas que tratou podería estar horas e horas.