Festa de San Xoán 2013

19 Xuñ

Chega a noite máis máxica do ano, a máis curta e a que nos deixa cheirando a roupa 🙂 O San Xoán, coas súas cacharelas, o churrasco e as sardiñas asadas tamén se celebra en Rianxo, aínda que agardemos que o tempo acompañe.  Velaquí algunhas das actividades que podes ter.

En primeiro lugar, en Buhía, no Araño, organízase a tradicional festa de San Xoán. Hai que ter en conta que na Hermida teñen unha capela na honra deste santo e todos os anos organizan unha celebración. Hai misa e dúas orquestras pola noite:

buhia

Foto sacada por Rabunho Rexeita

 

Ao día seguinte, o 23 de xuño a partir das 22:00 horas, a Asociación Antrospinos organiza unha festa na praia da Torre de Taragoña. Non faltará a comida e mesmo haberá unha barra de bebidas e actuación musical:

antros

3 Respostas a “Festa de San Xoán 2013”

  1. josefa 06/28/2013 ás 12:55 #

    moi bonita a festa do san xoan un saludo de josefa.

  2. josefa 07/04/2013 ás 13:57 #

    A comision da festa do san xoan,embiolle o meu agradecimiento polo seu traballo e esforzo que fan os meus veciños un saludo de josefa perez quintans.

  3. josefa 07/26/2013 ás 18:30 #

    Moi ben o pasan os meos netos, Paula e Marcos na festa do san Xoan ,moi bonita Bicos da bosa abuela.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: