De seguro que vos preguntades de onde saquei esta imaxe, xa que en Rianxo non hai lagoa. Pois ben, non a hai, pero case case. A instantánea é real, iso si, e cada sacada dende un camiño no medio do monte.
O sitio é o coñecido como a canteira de Rianxiño e xa vedes que con tanta chuvia se encheu tanto de auga que semella unha lagoa. Algo moi semellante ao que fixeron nas Pontes de García Rodríguez, onde están enchendo de auga a zona dunha mina para crear un lago artificial.
Que vos parece? Gústavos o que fixo a natureza con algo modificado pola man do home?
Boas! A foto dende arriba, dende onde se sacou? É que fun pola pista que bordea a “lagoa” pero era imposible ver nada, todo era toxos e silvas altísimas…
Ola, María.
Hai un camiño por arriba e foi aí dende o sitio no que a saquei, arrimándome á alambrada que hai, xusto enriba dunha pedra. Iso si, a foto fíxena hai dous anos. Daquela xa había toxos, así que supoño que hoxe moitos máis 😦
Un saúdo!