Durante o mes de maio, a Concellaría de Servizos Sociais realizará unha campaña de recollida de produtos de limpeza e hixiene en colaboración cos centros educativos.
Necesítanse produtos como por exemplo deterxente, suavizante, lava pratos, lixivia, desodorizante, xel, champú, papel hixiénico, pañais, compresas, maquinillas de afeitar, pasta de dentes, xabón, e moitos máis….
Os produtos que se recollan repartiránse entre as familias do concello con menos recursos económicos.
Se queres doar algún produto de hixiene ou limpeza, pódelo deixar nos seguintes puntos de recollida:
– Escolas Unitarias do C.R.A. Rianxo
– Instituto Félix Muriel
– Escola Infantil
– Servizos Sociais
E se queres facer algunha doazón para as familias con menos recursos económicos, podes poñerte en contacto cos Servizos Sociais Comunitarios, que está na estrada de Tanxil, nº 12. Tamén podes contactar con eles no teléfono 981 860 061 ou ben no correo servizos.sociais@concelloderianxo.es
Deixar unha resposta