O pasado sábado, 19 de xullo, celebrouse no porto de Rianxo a XI Bandeira de Traiñeiras “Conserveira de Rianxo – Concello de Rianxo”, pertencente á LGT-B. Había nin máis nin menos que 6.000 euros en premios para repartir entre os nove participantes.
Os nosos, o Clube de Remo de Rianxo, participou na primeira quenda, e só foi superado por Esteirana (Muros). Había que remar 3 millas náuticas (algo máis de 5,5 quilómetros) e despois de certos momentos de dificultade á hora de saír, os de Rianxo fixeron unha moi boa manga.
Non obstante, os da segunda quenda saíronse, e superaron en tempo aos cinco participantes da primeira quenda. Os mellores foron os do Club de Remo Mecos-Mondariz (O Grove), patroneados por Ángela Fernández Cambados.
Comentar que houbo moi bo ambiente no porto de Rianxo, a pesar de que se agardaba chuvia. Lonxe dixo, a tarde estivo moi tranquila e soleada. Dar a noraboa aos anfitrións, ao Clube de Remo de Rianxo, polo seu traballo e esforzo.
Deixamos tamén unhas fotos que fomos facendo ó longo da competición:
Deixar unha resposta