Actividades culturais en Rianxo, a finais de xullo de 2014

22 Xul

Este fin de mes vén repletiño de cultura e animación no Concello. Así que vos deixamos a programación do 23 ó 27 de xullo en Rianxo, que ten de todo e para tod@s!!!

Comeza o mércores 23 coa presentación do libro do finado Manuel Dourado Deira titulado O Primeiro Retorno de Castelao. Presentarase na casa do Concello ás 20:30 horas.

primeiro retorno castelao

Tamén, e por segundo ano consecutivo, do 24 ó 27 de xullo poderemos desfrutar da Feira do Libro de Rianxo, con abondosas actividades e presentación de libros ó longo de tódolos dias de feira. No seguinte enlace podes ver o programa de actividades.

 

cartaz feira do libro

O Festival Antrospinos tamén será esta fin de semana, e virá cargadiño de actuacións de bandas do país e do estranxeiro, así como a sua tradicional matraquillada e xantar popular. Pódese mercar a entrada por adiantado por 6€, ou ben na taquilla por 10€. As entradas están dispoñibles na Pousada das Ánimas (Boiro), no bar Guadalupe (Rianxo), no bar Catro Camiños (Taragoña), no bar Xuntanza (Taragoña) e na Reixa (Santiago de Compostela).

antrospinos cartaz

A Festa da Xouba, será coma tódolos anos o 25 de xullo, durante toda a xornada no Campo de Arriba. Haberá tamén tapas en moitos locais do Concello centradas en xoubas.

cartaz xouba

A festa dos nenos, na praza da Virxe da Guadalupe, o 24 a partir das 17:00 horas.juadalupeñas festa dos nenos

A Feira Galega, o 25 tamén todo o día na Praza da Virxe da Guadalupe.

feira galega juadalupeñas

A presentación do Colectivo Entreagullas e da ONG Implicados No Desenvolvemento, cunha Exposición de labores artesáns, será o 25 de xullo, de 11 a 14:00 horas na Praza de Padrón.

Quedada ganchillo

Tamén e para @s amantes dos selos, do 25 ó 3 de agosto, poderase contemplar, no Cuartel Vello unha exposición filatélica.

filatelia

 

 

 

 

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: