O venres 22 de agosto tivemos o enorme pracer de escoitar en directo ó grupo Barahunda. Este dúo formado por Helena de Alfonso e José Lara Gruñeiro, madrileños de nacemento e rianxeiros de adopción, estiveron desta vez acompañados á batería por Txema Mawenya.
Durante dúas horas, o grupo deleitou @s numeros@s asistentes con cantigas galaico-portuguesas, cancións sefardís, jarchas mozárabes, xunto con temas tradicionais, poemas musicados e composicións propias incluídas nos seus dous discos xa editados, e como dixo a propia Helena, con algunha tamén que aínda está mesmamente dentro dela (en xestación).
Queremos dende aquí dar as grazas a estes grandes músicos por agasallarnos con tan fermosas cancións, que nos fan vibrar e estremecer coas súas letras.
Deixar unha resposta