Aquí tedes as fotos do, a priori, último día de festa, o venres das bengalas.
A primeira hora da noite, parecía esaxerado o despregamento da Cruz Vermella en Rianxo. Despois, desmostraríase que non.
A pesar da chuvia e do mal tempo, había moitísima xente na festa. Iso si, seguramente serían outros tantos se fixese bo tempo:
Aquí temos o momento das bengalas. Co fume non se podía ver nada:
Como se pode ver neste vídeo, as bengalas deste ano ardían de forma moi distinta a outros anos:
Nestoutro vídeo podemos ver a fumareda que causaban no campo:
Ás 2 e pico da mañá, chovendo a mares e os mozos dándoo todo diante do palco da Cinema:
3 da mañá. A orquestra Ciclón tocando:
Ás 5 da mañá, coa Charleston:
Ás 5 da mañá puiden desfrutar dun chocolate con churros. Cada vez é máis complicado atopar un local en Rianxo o último día de festa que o ofreza. Neste caso foi no Braisa. O chocolate estaba saboroso, os churrros algo fríos:
6 da mañá, tocando a orquestra Cinema:
Aquí unha moza subindo ao palco a desfrutar da festa:
O día chegou á praza de Castelao. Ás 8 da mañá ían chegando as primeiras luces do día:
E aquí xa baixando o telón a orquestra Charlestón, ás 8.15 horas, cantando Dolores se llamaba Lola:
E aquí vemos o resultado de tantas horas de festa. De novo, moita xente incívica segue sen usar os contedores que hai por todo o campo:
Unha resposta a “Fotos das festas da Guadalupe de Rianxo 2014: o último día”