Tras saír o pasado mércores 3 de decembro no DOGA, xa se poderá consultar 0 9 deste mes a aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Esta primeira aprobación pasa agora á fase de consulta e alegacións da cidadanía, que terá dous meses para realizar calquera contribución o que crea oportuno.
O PXOM poderase consultar nos baixos do Cuartel Vello (praza de Castelao) a partir do 9 de decembro, e en formato electrónico en www.concelloderianxo.es/pxom
Lembremos que a aprobación inicial deste PXOM foi realizada no pleno do 3 de outubro, co voto positivo do grupo de goberno local e coa abstención da oposición, feito do cal xa deixáramos constancia no blog.
Velaquí o código QR para os que tirades de móbil e queredes descargalo.
Deixar unha resposta