Onte, 30 de outubro, ás 20:00 horas, deu comezo no Concello a aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Nun abarrotado salón de plenos, a corporación municipal deu a coñecer a grandes rasgos o plan que se remitíu á Xunta de Galicia e que agora, xa devolto ao Concello, se procedeu a votar.
Na votación, tanto o BNG, como PSdeG botaron a favor, e o grupo da oposición en pleno abstívose alegando que “agardaremos a que finalice a exposición pública”, ao que o tenente alcalde respostou que “iso é xogar coas cartas marcadas” e o alcalde replicou tamén que “presentar o PXOM nestes intres é botarlle valor e non xogar a deixar que pase todo”.
Agora, que o plan está inicialmente aprobado, e despois de que esta resolución saia no DOG, procederáse á exposición do mesmo nun local céntrico de Rianxo para as alegacións que os veciños e veciñas do concello crean oportunas durante dous meses.
Segundo reseñaron dende a alcaldía, ese local será seguramente os baixos do Cuartel Vello.
Logo deste punto, procedeuse á aprobación de varias mocións de urxencia, que quedaron aprobadas na súa totalidade cos votos a favor do equipo de goberno, e nas cales o partido da oposición se abstivo en varias e votou en contra en outras.
Cabe reseñar, que a última votación, xa fóra da orde do día e consensuada para expoñela no pleno polos tres grupos saíu aprobada coa total unidade dos tres grupos políticos. Tratábase de esixir ao Estado e á Xunta de Galicia que obrigue á etiquetaxe de procedencia no enlatado de mexillón.
Xa por último, na tanda de rogos e preguntas por parte do público asistente, tomou a voz un representante de Leiras de Rianxo, que pedíu á corporación que se mirara algo máis polo concello e polos seus cidadáns
Unha resposta a “Pleno para a aprobación inicial do PXOM de Rianxo”