Xa está lista a programación do Entroido 2015 no Concello que este ano vén cargadiño de actividades moi variadas. Moitas delas realizaránse na carpa instalada na praza de Castelao. De todos os xeitos, se a chuvia nos abanadona, algunha poderase realizar na praza. E senón, pois estaremos abrigados. Incluso haberá calefación no caso de que vaia frío!
>>> O venres 13 en Rianxo comeza ás 23:45 co Pregón Satírico e ás doce da noite haberá un Chupitaso. Logo entrará en acción o DJ PERI e DJ JUANCHO cun concurso de disfraces (home, muller e grupo).
Tamén o venres, pero en Taragoña, terá lugar o tradicional Bituin de Tris, que dará comezo ás 22:30 no Centro Cultural de Taragoña.
Pídese, coma sempre, que elixas o teu grupo a imitar e te apuntes. Haberá baile de disfraces, ao tempo que pincharán DJ Water e DJ Enxebre. Organiza a Asociación Festival Antrospinos.
>>> O sábado 14 terá lugar a festa do neno/a, dende as 16:30 con inchables e obradoiros na praza de Castelao e animación de rúa a cargo do grupo Río de Anxo.
A partir das 20:00 na primeira planta do Liceo Marítimo haberá baile para a segunda e terceira idade co dúo De La Cruz Show, terán tamén un concurso de disfraces para a Segunda e Terceira idade. Está organizada pola concellaría de Servizos Sociais.
No restaurante Tanxil haberá tamén festa de entroido con inchables, obradoiros, xogos, música, merenda… Está organizada pola Anpa os Gudiños do CEIP ADR Castelao.
No Araño, no Centro Sociocultural A Capela, haberá filloeira, música tradicional, servizo de cantina, agasallos para os nenos, inchables e premios para os 10 mellores disfraces (menores). Comezará ás 16:00 e está organizado pola Asociación Veciños do Araño.
>>> O domingo 15 será a festa do cocido, dende as 12:00 na praza de Castelao (pódese reservar mesa no teléfono 981.860.061). Durante a tarde haberá concurso de postres típicos.
Ás 14:00 dará inicio a sesión vermú a cargo de Vai de Roda, ás 18:30 concerto de Os Perucos, ás 20:00 actuación de Os Cangrexeiros e rematarase ás 21:00 co concerto de Quempallou.
En Leiro tamén haberá actividades diversas, tales como paseo de 60 choqueiros que farán un percorrido pola parroquia animando a xente. Logo no centro Cultural desgustación de orellas, filloas con premios ás mais ricas por votación popular. Organiza o Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro.
>>> O luns 16, no pavillón Polideportivo de Rianxo será o dia do de-porte Choqueiro, con inchables e obradoiros, será de 16:30 a 19:00. Organiza o Servizo Municipal de Deportes.
Logo estará Paco Nogueiras co seu “Brinca Vai de aquí a acolá” espectáculo musical. Será de sete a oito da tarde e está organizado pola Piscina Municipal de Rianxo-Aquafit, S.L.
>>> O martes 17 Entroidolandia dende as 16:30 na praza Castelao con inchables, obradoiros e contacontos. Logo, dende as 18:00 pasarrúas a cargo da Ruada Marajota e Media de Vilaxoán e ás 20:00 actuación da ruada na carpa da praza.
>>> O mércores 18, ás 19:00 horas será o Enterro do Toribiño, con saída dende a carpa da praza Castelao. Será representado polo Grupo de Teatro Airiños de Asados e co acompañamento musical do grupo de Gaiteiros de Fogo Fatuo.
>>> O sábado 21, a partires das 16:00 en Campo de Pasos, Taragoña será o concurso de Carrozas, con inchables e obradoiros. Organiza a veciñanza de Taragoña coa colaboración do Centro Cultural e Deportivo.
Deixar unha resposta