Antes de nada, comentar que onte a miña idea era ir sacar fotos ao Bituin de tris de Taragoña, xa que levo un par de anos vendo no facebook as actuacións-imitacións que realizan, así que tirei para alá. Estaba previsto para as 22.30 horas. E alí non había nin un alma, salvo os da organización. Así que ás 23.20 horas, despois de ver que a cousa tiña pinta de tardar bastante, decidín tirar para Rianxo.
Así tamén me atopei con Marcos, o fotógrafo de La Voz, que un ratiño antes tamén se pasara por Taragoña. E na carpa non había ninguén, salvo a xente da organización. O pregón satírico das 23.45 horas non existíu. E ás 00.05 horas pediron que entrase a xente para sacar a foto de rigor para La Voz. Pero nin así. Polo que tiveron que ofrecer 8 premios aos primeiros que entrasen. Aí xa se animou o persoal e comezou a festa.
Hai que dicir que xente había, pero existía certo medo a entrar na carpa. Pero polas rúas, no Campo de Arriba e polos bares, como digo, si que se notaba movemento e moitos mozos disfrazados con ganas de pasalo ben.
A noite hai que dicir que estaba estupenda. Non choveu e non había tanto frío como era de supoñer, polo que tiraba máis iso de pasear. Na carpa había un canón de calor, usouse un cachiño, pero despois xa o apagaron porque non facía falla.
Ás 2.15 tivo lugar o primeiro concurso de disfraces protagonizado polas féminas.
A gañadora foi a de laranxa, que ía de camarón 🙂
Velaquí vede que aínda que ao principio da noite custou, ao final si que había xente bailando e pasándoo ben.
Velaquí os DJ, Isabel Pantoja e a mariquita Pérez 😉
Sobre as 2.30 horas foi o concurso de grupos, onde participaron varias ratiñas.
Mario e Luigi.
Un grupo de bolboretas moi animadas e festeiras.
E tamén unha especie de Águilas Rojas, que foron os gañadores.
Sobre as 2.40 horas foi o turno dos homes no concurso de disfraces.
Michael Jackson tamén pasou por alí demostrando que é tan bo cantante como bailarín.
O tamén Pepa Pig se pasou, demostrando que a ganas de pasalo ben, ninguén a gaña.
Que por certo, foi o gañador 🙂
Deixar unha resposta