O pasado sábado pola tarde celebrouse o entroido no Centro Sociocultural do Araño. Non faltaba de nada, sobre todo filloas. De feito dende primeira hora estivo a facer filloa tras filloa para que non faltasen entre os asistentes. Por certo, que tedes moitas máis fotos no álbum de Rabunho Rexeita.
Había tamén unha barra con prezos populares, con viños dende 50 céntimos ou refrescos a un euro.
Tamén houbo un grupo de gaitas animando a xente e dándolle calor á tarde.
Ademais de filloas tamén houbo orellas, biscoito e outros doces desta época.
Cada un dos rapaces que participou no entroido no Araño recibíu unha bolsa con golosinas. Ademais, repartiron regalos entre os mellores disfraces do día.
Comentar que a pechar da chuvia, foron moitos os asistentes ao evento. E non só se disfrazaron os máis pequenos, senón que os maiores se animaron.
Por certo, que tamén houbo un inchable para os rapaces, polo que a xornada foi do máis completa. Iso si, estivo a resgardo da chuvia.
Deixar unha resposta