A piques de chegar a Semana Santa, falamos coa Irmandade da Paixón de Cristo de Rianxo, que promove e organiza os actos litúrxicos deste período. O cuestionario está contestado por Gustavo Galbán, irmán maior da Irmandade.
– Ano a ano a Semana Santa en Rianxo colle máis forza e máis devoción. A que credes que é debido?
– Cremos que á xente lle está a gustar o que estamos a facer, e por iso que cada ano son máis as persoas que participan nos actos que celebramos. En canto á devoción, aquí en Rianxo a Semana Santa ten moito arraigo.
– Con tanto tempo de antelación ides preparando os actos da Semana Santa?
– A verdade é que non deixamos pasar a Semana Santa sen estar pensando xa na seguinte. Agora mesmo, xa
temos proxectos que neste ano non nos deu tempo a facer, e que quedaran como novidade para o que vén.
– Que é o máis complicado do traballo que organizades?
– Todo en si é complicado. Son moitas as cousas que hai que organizar e preparar para que cada acto e procesión
saia mellor que o ano anterior.
– Hai algunha novidade prevista para este ano?
– Si, este ano tamén temos unha novidade. A confraría pasa a organizar o triduo dos Dolores, os días 25, 26 e 27
de marzo, este último coa procesión de Dolores acompañada pola banda de tambores da confraría.
– De todos os actos que se celebran, cal credes que é o máis emotivo?
– Para nós, a directiva, todos os días son moi emotivos, xa que cada acto o vivimos con moitos nervios e esperando
que saia como o programamos.
– Que é exactamente a Irmandade da Paixón de Cristo e cando nace?
– Pois a irmandade é como unha gran familia que está aí para continuar coa tradición que nos deixaron os nosos
maiores. Nestes momentos somos máis de 260 os cofrades (197 adultos e 68 menores) que temos que velar pola nosa Semana Santa.
A confraría oficialmente nace no ano 2011 coa aprobación do Arzobispado de Santiago de Compostela. E faino
para promover e protexer as imaxes e actos da Semana Santa.
– Se alguén quere ser socio, como tería que facer?
– Para facerse socio e tan sinxelo como pedir a calquera directivo unha ficha de inscrición.
– Realizades algunha outra actividade ademais da organización da Semana Santa?
– Despois de tanto traballo o que adoitamos organizar é unha comida o Domingo de Pascuilla e temos
feito algunha excursión. Outra das actividades que a partir de agora fará ésta irmandade é organizar a festividade dos Dolores Gozosos, que se celebrará como antigamente no mes de setembro, do domingo seguinte ao da Guadalupe.
Deixar unha resposta