Os días 29, 30 e 31 de maio, celebrouse no campo do Unión de Asados o III Torneo Memorial Abel (EBO). O nivel do torneo ano a ano supérase, xa que nesta edicións, ademais de moitos equipos da comarca e de zonas próximas, viñeron os equipos do Oporto, do Celta de Vigo, do Deportivo ou Bilbao.
Foron tres días de non parar, de moitos encontros e de moi bo fútbol a pesar de que detrás do balón estaban rapaces moi pequenos. Velaquí vos deixamos a clasificación final
Alevíns:
1. Fc Porto de Portugal
2. Arenas de Bilbao.
3. Santiago de Compostela.
Benxamíns:
1. Deportivo
2. Fc Porto de Portugal
3. Arenas de Bilbao
Prebenxamíns:
1. Oroso de Santiago
2. Ulla
3. Vilagarcía.
E para os que mercaron rifas, velaquí os números premiados. O prazo para solicitar o agasallo remata o 30 de xuño de 2015:
Camiseta do DEPORTIVO: 1193
Camiseta do CELTA: 1697
Camiseta do PORTO: 331
Por último, aquí vos deixamos unha foto do equipo do Unión de Alevíns coa xente do Arenas de Bilbao:
Deixar unha resposta