O escudo de Rianxo

6 Xuñ

escudosRianxo

En decembro de 1999 en Rianxo modificouse o escudo heráldico do Concello “considerou conveniente organizar correctamente as súas armas municipais, de xeito que se recollese a mellor tradición heráldica do antigo escudo, aprobado pola Corporación no ano 1961”.

Realmente non sei como era o escudo en 1961, pero buscando por Google si que vexo que as imaxes que circulan por aí e a do escudo que se pode descargar na web do Concello teñen pequenas varicións, aínda que se repectan os elementos. Así, mantéñense o muro ameado e as ondas, coa áncora e o castelo.

A imaxe da esquerda é o que se pode descargar na Wikipedia e a do centro é a que está na web do Concello, que se supón que debería ser o vixente. O do medio, como podedes observar, ten cores menos vivas e cambia o deseño da áncora, do castelo (moito máis simple) e do muro (máis pequeno e cos saíntes en punta).

Como se indica na web de Eido Local, o escudo está organizado do seguinte xeito: de azur (azul), o muro ameado de ouro (amarelo) e tres ondas de prata na punta. Iso de ameado vén de almea (almena en español), e son os saíntes en forma de prisma nos que remata a parte superior das murallas, castelos etc., que serven como defensa ou decoración.

No primeiro dos mantelados, co fon de de gules (vermello), aparece unha áncora de prata (branco). No segundo mantelado, co fondo azul, o castelo de ouro. Por último, o timbre do escudo é a coroa real pechada.

O mantelado, tamén chamado cortinado, é a separación ou división do escudo. Neste caso a división faise por dúas liñas curvas que parten do centro do escudo ata chegar aos ángulos inferiores do escudo.

Para rematar, a nivel persoal, resúltame un pouco confusa imaxe corporativa do concello, xa que parece que no seu logotipo usan un escudo distinto. Como podedes observar, vense as ondas do mar e a torre dun castelo (supoñemos que o da Lúa). Pero semella como se se fixera unha revisión máis moderna e simple do escudo, deixando de lado a áncora e o timbre real. Xa digo que debe ser un tema corporativo, pero a min resúltame confuso, como se houbese en Rianxo dous escudos.

Iso si, o escudo está integrado no logotipo de asociacións locais como o Clube de Remo:

Ou a Policía Local de Rianxo:

ACTUALIZACIÓN: Despois de falar con Tito, de Rabunho Rexeita, podemos actualizar esta información cos interesantes datos que eu recompilou na súa páxina. Aquí tedes, grazas a isto, o escudo en 1876. Segundo o daquela alcalde, Baltasar Torrado, xa se está a usar dende o ano 1839.

Vemos que os tres elementos seguen aí: a áncora, o castelo coas tres torres e o muro. Iso si, nunha carta do alcalde ao gobernador civil da Coruña, non sabe explicar porqué deses tres elementos, pero afirma que a historia fala da importancia de Rianxo, pero que era un feito que a vila estaba amurallada e que ao norte e ao sur “había dos castillos que la defendían“.

Non obstante, o estudoso local Xosé Comoxo, en Rabunho Rexeita afirmaba que “Rianxo nunca estivo amurallado nin tivo dous castelos. O alcalde Baltasar Torrado (por certo, padrasto de Don José Arcos Moldes) no intre de redactar ese informe, estou ben seguro que non tiña idea do que afirmaba. En Rianxo houbo a Torre dos Soutomaior (logo Pazo de Martelo) e a fortaleza da Torre, tamén dos Soutomaior, da que si falan os documentos”.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: