Rianxo continúa baixando a súa débeda, pero aumenta o prazo no que paga a provedores

20 Xul

debedaRianxo
O Ministerio de Facenda e Administracións Públicas acaba de facer público o informe sobre a “débeda viva” das entidades locais a peche de 2014.  Nel podemos observar como do 2011 ao 2014 os cartos pendentes de pagamento en Rianxo se reduciron ata a metade.

En concreto, os compromisos económicos do Concello son agora duns dous millóns de euros, cando a finais do 2011 era de 4,15 millóns. Pero hai que ter en conta que no 2009 a débera ascendía aos 5,77 millóns de euros, polo que ano a ano boa parte dos ingresos locais ían destinados a pagar a bancos e a provedores, non tanto a investir, porque a situación non era sostible.

Visto a visto, segundo nos indicaba o alcalde, Adolfo Muíños na entrevista que lle realizamos antes das eleccións, ao ter unha “débeda asumible”, isto permitirá ao Concello “ser dono do teu propio destino. Dese xeito, se non nos vén unha subvención daDeputación, podemos acometela nós ou poder destinar un tanto cada ano ao asfaltado. Facer plans a medio ou longo prazo era imposible ata o de agora”.

Non obstante, a pesar de que mellora a situación financeira do Concello de Rianxo, non o fai a dos provedores, xa que está a aumentar o prazo no que se lles paga. O prazo medio de pagamento establecido polo Goberno é de 30 días. En setembro do ano pasado, a nosa localidade era a sexta pola cola na provincia da Coruña, con 67,3 días, máis do dobre do prazo legal.

retrasopagamentos

A situación, lonxe de mellorar, empeora. En decembro de 2014 aumentouse ese período nunha semana, chegando aos 76,78 días. Consultando os datos do último trimestre publicado polo Ministerio de Facenda, o de marzo de 2015, vemos que a cousa está case igual. Hai un lixeiro descenso, pero case imperceptible, xa que o prazo está en 76,1 días. E seguimos na cola: só hai catro localidades na provincia que tardar máis en pagar ca Rianxo.

Agardemos que esta cifra vaia diminuíndo, non tanto por quedarmos ben nas estatísticas, senón porque detrás dela están empresas que teñen que pagar empregados, a Seguridade Social, etc. e agardar máis de dous meses para cobrar pode ser complicado e un grande esforzo.

ratiodias

Fonte: Ministerio de Facenda

Unha resposta a “Rianxo continúa baixando a súa débeda, pero aumenta o prazo no que paga a provedores”

  1. enrique 09/13/2015 ás 21:40 #

    a cuestion non e o que se debe si non onde esta posta esa debeda

Deixa unha resposta a enrique Cancelar a resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: