Impresionante o comezo das Noites de Jazz 2015 coa Orquestra Xuvenil da Estudio Escola de Música, dirixida polo mestre José Nine Ces, que a ritmo de blues, funky e rock fixeron desfrutar ó numeroso público que se xuntou na praza de Rafael Dieste para ver o concerto.
Foron dúas horas de música sen parar e tanto grandes coma cativos gozamos cun marabilloso concerto que nos fixo vibrar.
Aquí vos deixamos unhas cantas fotos do que foi o transcorrer da velada:
Lembrade que hoxe, a partir das dez e media da noite poderemos seguir desfrutando de boa música, desta vez a cargo do Combo de Jazz da Escola de Música de Rianxo e do Combo Next Generation da Estudio Escola de Música.
Deixar unha resposta