Xusto Xosé Ordóñez será quen substitúa a Adolfo Muíños á fronte do BNG

28 Dec

Á dereita, Xusto Xosé Ordóñez, con Adolfo Muíños ao seu carón. Imaxe de futgal.es

Xa o adiantaba o propio Adolfo Muíños nunha entrevista antes das eleccións locais de maio deste ano: “Pase o que pase, este será o meu último mandato”. E así vai ser. O alcalde de Rianxo cumprirá toda a lexislatura á fronte da corporación municipal, tal e como estaba previsto. Pero dende a formación nacionalista están a dar pasos para cubrir ao líder rianxeiro e ter unha figura de peso de cara aos próximos comicios.

Semella que neste feito tivo especial relevancia os resultados tan negativos que tiveron os frentistas nestas últimas eleccións estatais. Consideran que non están a chegar á xente e que falla a mensaxe. Por iso, dende o BNG de Rianxo decidiron moverse cantes antes, e intentar blindar unha figura que consideran que pode ter futuro e repercusión para continuar coa súa labor na localidade. O elixido non é outro que Xusto Xosé Ordóñez Figueira.

Ordóñez, máis coñecido como “Tito o Dulceiro” foi unha das fichaxes estrelas do Bloque nas pasadas eleccións. Presentouse como independente e foi de número catro nas listas. De aí, pasou a ser nomeado terceiro tenente de alcalde e concelleiro de Deporte e Patrimonio Histórico.

Hai que ter en conta que se trata dunha persoa moi coñecida, sobre todo porque soubo chegar a moita xente a través do seu perfil virtual, Rabunho Rexeita. Dende a súa páxina no Facebook descubríu numerosas fotografías, historias, lendas, promoveu a música tradicional e ata chegou a poñer sobre o mapa mámoas esquecidas. A súa popularidade tivo tamén a súa repercusión electoral, en canto que Ordóñez Figueira conseguiu que na súa parroquia, O Araño, o BNG tivese por primeira vez máis votos que o PP, todo un fito.

A idea dentro do Bloque é ir preparando durante esta lexislatura a Xusto Xosé, que vaia collendo soltura nos plenos municipais, que teña contacto con todos os clubes deportivos locais e comarcais (xa tiña experiencia demostrada no de natación de Padrón), que promova o patrimonio rianxeiro e, a partir de aí, que vaia collendo máis responsabilidades, para que vaia tendo progresivamente máis visibilidade e peso de cara aos rianxeiros.

Dende aquí, amigo Tito, desexarche moi boa sorte, como ma desexaches a min hai xusto un aniño 😉

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: