.- O pasado domingo, 21 de febreiro, ás 11 h., no salón de Plenos do Concello de Rianxo tivo lugar a presentación das novas equipacións do Club Voleibol Rianxo – Mexillón de Ouro para o ano 2016. O club lucirá a partir de agora camisetas cun deseño inspirado en elementos da cultura rianxeira e que inclúe debuxos “Cousas da vida” de Castelao e a imaxe da escultura da Rianxeira de Buciños. O obxectivo é mesturar deporte, cultura e tradicións de Rianxo, dándoos a coñecer por toda Galicia nos desprazamentos da entidade.
No acto participaron o Presidente do Club, Héctor Matilla, acompañado de xogadores e directivos, Anxo Cristobo, patrocinador coa marca Mexillón de Ouro e o Concelleiro de Deporte e Patrimonio Histórico, Xusto Ordóñez. Todos loubaron o deseño das novas equipacións.
Esta é a primeira tempada da nova directiva e o club conta cos equipos do deporte escolar (2 benxamíns, alevín e 2 infantís) e un equipo xuvenil feminino na 2ªliga galega, sendo un total duns 60 xogadores.
O proxecto da tempada que ven ten entre os seus obxectivos ampliar o número de equipos para contar, ademais dos do deporte escolar, con cadete feminino, xuvenil feminino, sénior feminino e sénior masculino.
Deixamos unhas cantas imaxes do acto cedidas tanto polo Concello de Rianxo, Concellería de Deportes e Patrimonio Histórico como do propio clube:
O club rematou agradecendo a colaboración do Concello de Rianxo, a través do Servizo de deportes, o Mexillón de Ouro e toda a xente que os apoia
Deixar unha resposta