José Norberto Uzal Tresandi, que ata o de agora era número dous do PP de Rianxo e, como tal, edil no Pleno da Corporación Municipal, vai abandonar o seu cargo. As razóns que o levaron a tomar esta decisión son puramente profesionais, como indica o propio Uzal.
A decisión foi anunciada este mediodía por el mesmo no seu muro do Facebook, indicando que “razones de carácter profesional me obligan a abandonar mi condición de miembro de la Corporación Municipal de Rianxo”. Ao tempo, aproveitaba para dar as grazas á líder local do partido, Vannessa Martínez e ao resto de membros do grupo, lembrándose especialmente de José Ricardo Besada, falecido hai poucos meses.
Dende este blog contactamos por escrito co político, quen nos indicadou que “confirmo que a miña marcha se debe ao incremento das miñas obrigas profesionais. Non podo atender a miña responsabilidde como concelleiro como quixera“. Non obstante, asegura que “por suposto que vou a seguir vencellado ao PP e ao Grupo Municipal do PP de Rianxo“.
Hai que lembrar que a chegada a Rianxo de Norberto Uzal foi bastante controvertida, pola formación política na que estivo vinculado no pasado. Vanessa Martínez indicaba que se trataba dunha fichaxe estrela, posto que fora director xeral de Administración Local na Xunta de Galicia e, a pesar das diferentes ofertas que tiña, apostou polo PP rianxeiro.
O tempo deulle a razón a Vanessa Martínez, posto que fóra desa polémica inicial Norberto Uzal demostrou ser un político cunha gran capacidade de traballo. Membros da corporación destacan sobre todo a súa intelixencia e que era unha persoa bastante discreta. É preciso lembrar que incluso no debate televisado antes das eleccións municipais, foi a persoa que debatíu en representación do PP de Rianxo, dando boa mostra da súa oratoria e tamén do coñecemento dos numerosos temas locais, a pesar de ser de Cambados.
A responsable do PP local, Vanessa Martínez, aproveitaba a despedida de Uzal para agradecerlle este tempo na corporación e no partido, ao tempo que deixaba entrever que seguirá colaborando coa formación: “Gracias a ti, por todo lo que nos enseñaste, por tu generosidad siempre y que decirte,… Que seguimos contando contigo para este proyecto”. A número tres do partido, Elisa Bouzas, tamén destacada o seus traballo: “Gracias a ti Norberto por toda a túa colaboración e axuda”.
O propio Norberto Uzal indicábanos que el “foi unha experiencia moi gratificante a pesar de que non acadamos o obxectivo de acceder ao goberno municipal”. Tanto é así que expresa o seu “agradecemento aos meus compañeiros no grupo municipal e no Partido Popular de Rianxo pola confianza que depositaron en min”. Neste sentido, ten unha “mención especial” para a voceira do Grupo Municipal do PP, Vanessa Martínez: “Nunca poderei agradecerlle na súa xusta medida toda a confianza que depositou e a honra que me concedeu de permitirme acompañala nesta travesía”.
Por outra banda, na súa despedida, tamén quixo ter palabras para o resto de formacións presentes no Concello. Así, indicouns que “non quero deixar de mandar unha aperta ao resto dos membros da Corporación, de tódolos grupos, polo bo trato que me teñen dispensado durante estes meses”.
Deixar unha resposta