Hoxe comeza un dos grandes festivais de música organizados no Concello. En concreto, o Festival Antrospinos, que xa vai pola súa edición número nove e que se celebra en Taragoña.
Trátase dun evento onde todo é de balde (agás as consumicións, claro está), pero onde escoitar a moitos e diferentes grupos non terá custo coma noutros festivais. Ademais, hai zona de acampañada e duchas en Campo Maneiro.
Hoxe, 29 de xullo, os concertos serán no bar Confort ás 22.30 horas e a partir das 00.00 no Curral do Marqués.
Mañá, 30 de xullo, os actos xa terán lugar en Campo Maneiro. Ao mediodía haberá xantar popular, despois a famosa matriquillada e pola noite, a partir das 23.00 horas, un feixe de grupos cantarán ata que quedes sen voz 😉
Deixar unha resposta