Resultados das eleccións xerais 2019 en Rianxo

28 Abr

Co 100% dos votos escrutados en Rianxo nas eleccións xerais ao Congreso, o partido máis votado foi o PSOE. Pasamos a reproducir as papeletas que recibiu cada formación:

  • PSOE: 2.020 (29,45% dos votos)
  • PP: 1.641 votos (23,92%)
  • Unidas Podemos: 1.137 votos (16,57%)
  • BNG: 879 votos (12,81%)
  • Ciudadanos: 572 votos (8,34%)
  • VOX: 334 votos (4,87%)
  • Nulos: 102 (1,47%)
  • En Marea: 84 votos (1,28%)
  • PACMA: 70 votos (1,02%)
  • En branco: 60 votos (0,87%)
  • PCOE: 16 votos (0,23%)
  • Converxencia por Galicia: 16 votos (0,23%)

Se analizamos os votos con respecto ás eleccións xerais do 2016, vemos que houbo cambios:

En primeiro lugar, aumentou a participación. Se no 2016 votaron 6.637 veciños, desta vez houbo 6.962 papeletas. É dicir, que a participación foi do 73,78% (4 puntos máis, xa que daquela votaron o 69,32% de todos os que podían participar).

Mentres que no 2016 o PP foi o partido máis votado, nestas eleccións foi o PSOE, con 382 papeletas máis do que sacaron nos anteriores comicios (de 1.638 a 2.020).

O PP perde 748 apoios (de 2.389 a 1.641 votos).

Hai tres anos concurría Podemos dentro de En Marea. Nesta ocasión foron separados. Baixaron de 1.542 a 1.137 (405 votos menos).

O BNG duplica apoios, pasando do 412 votos de 2016 aos 879 actuais (467 máis).

Ciudadanos tamén aumenta o número de votos. Pasan de 443 a 572 (129 máis).

Irrompe con forza VOX, pasando de 8 a 334 votos (326 máis).

Por último, en Marea queda con só 88 votos.

A primeira idea é que o PSOE gaña votos seguramente a costa de Podemos. O mesmo acontece co BNG, que duplica apoios, sendo o partido que máis medra.

Pola súa banda, a perda de sufraxios do PP acontece fronte á suba de Ciudadanos e de VOX.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: