O CD Unión foi o encargado de dar o pregón nas festas da Guadalupe deste ano. O clube de fútbol de Asados cumpriu nin máis nin menos que 50 anos de vida e ben merecía un recoñecemento e que fosen os encargados de darlle a benvida ás festas de Rianxo.
Foi un pregón compartido. Falou non só o presidente, senón tamén a memoria viva do CD Unión, que nos contou como eran os primeiros encontros en Vilas.
Fíxose referencia á gran e boa rivalidade que sempre houbo co Taragoña, co Araño e incluso co Isorna.
Tamén mencionaron o nome do clube. O de Unión non é unha palabra simbólica, sen máis, pois fala dos grandes valores do equipo. Un dato destacable é que nos anos 70 xa tiñan incluso equipo feminino.
A praza de Castelao encheuse de vermello para celebrar o pregón do Unión. Participaron diferentes xeracións, o pasado e o presente do clube, demostrando que teñen un gran futuro.
Deixar unha resposta