Tag Archives: As Somozas

Cruceiro da Somoza

19 Abr

Moitas veces pasamos ao seu carón, case sen prestarlles atención. Simbolizan o pasado, pero tamén a cultura, o traballo, as mans, as crenzas, a relixión e todo o que foi a nosa terra.

Moitos, coma este cruceiro da Somoza, en Asados, álzanse maxestousos, semellando querer tocar o ceo, estando máis preto de alá que de aquí. A súa función é lembrarnos a paixón de Cristo, a súa morte e o sufrimento que experimentou. Eu véxoo como un símbolo do que fomos. Pero tamén do que podemos ser. Podemos tocar o ceo, crer no que somos, loitar por aquilo que nos gusta e intentar ser cada día mellores persoas.