Tag Archives: Duarte Galbán

Duarte Galbán e Román Castaño: “Queriamos ensinar Rianxo e transmitir os sentimentos que nos fan rianxeiros, diferentes ao resto”

1 Ago

Equipo técnico do documental. Imaxe proporcionada por Duarte Galbán

O 17 de xullo de 2017 pasará á pequena historia de Rianxo como a data na que unha parte diso que somos como pobo se recolleu nun documental. Ese día, non collía un alfinete na Praza de Rafael Dieste para ver Cousas de Rianxo. Trátase dunha obra audiovisual feita para a Comisión de Festas do Carme, na que Duarte Galbán e Román Castaño, xunto a outros profesionais, puxeron moitas horas de traballo e, sobre todo, moito cariño. Duarte e Román cóntannos nesta entrevista escrita como foi o proceso de creación e, sobre todo, a emoción que supuxo para moitos veciños este documental.

Seguir lendo