Tag Archives: Escola de Música de Rianxo

Actividades de lecer para o verán 2013

19 Xuñ

Dende o 18 de xuño xa está aberto o prazo para as actividades de verán do concello de Rianxo.

Así que os pais e as nais do concello, polo menos xa teremos onde ter entretidos os cativos no periodo estival.

Este ano, tráennos diversos trocos que non tiñamos outros anos:

  • MÁIS TEMPO: o Campamento Urbano vai ter actividade cinco días á semana, triplicando o horario do ano anterior.
  • MÁIS IDADES: amplíase o espectro de idades, pois vai dirixido a nenos e nenas nados entre o 2001 e 2009.
  • MÁIS PRAZAS: ofértanse 150, podendo ampliarse ata as 200.
  • MÁIS PROFESIONAIS: 10 monitores con formación específica, aos que hai que sumar os monitores do Servizo de Deportes.
  • MÁIS ACTIVIDADES: actividades deportivas, obradoiros gastronómicos, flashmob, stopmotion, música e bailes, expresión corporal, obradoiros…

O fío condutor será unha VIAXE ARREDOR DO MUNDO, con inicio e remate en Rianxo, e que pasará por tódolos continentes.

Aquí o resumo de toda a programación dispoñible: www.concelloderianxo.es/avoltaaomundo

Tamén, e para os que lles guste a música, a Banda Escola de Música de Rianxo, vai dar durante os meses de xullo e agosto uns obradoiros musicais polas parroquias de Rianxo, Taragoña e o Araño , orientados a rapaces e rapazas de entre 3 e 7 anos.

Concerto da Banda Infantil da Escola de Música de Rianxo

1 Mai

Este 1 de maio tivemos a oportunidade de ver e escoitar os cativos e cativas da Banda Infantil da Escola de Música de Rianxo, Conxunto Instrumental da Escola de Música de Rianxo na praza de Rafael Dieste. Dirixidos por Rafael Collazo, deleitáronnos durante unha hora con pezas tanto novas coma dos comezos da banda, fai xa dez anos.

Este concerto está dentro dos actos que a Banda vai desenvolver con motivo do seu X aniversario.

Imos cunhas fotiños do transcorrer do concerto:

Image

Image

Image

Image

Image

Image

Image

Por último lembrarvos que o dia 11 deste mes tocarán no auditorio de Rianxo.

Image