O sábado 18 de maio tivo lugar no auditorio de Rianxo o II MACRO-RECITAL “ao son das letras vivas”, 50 rapsodas – 50 escritor@s (galeg@s e viv@s).
O Cadro Artístico Airiños en colaboración con slam.arousa e a Concellería de Cultura de Rianxo, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas organizou este II Macro-recital para o cal se pretendía xuntar a 50 persoas que quixesenn subir a recitar/ler durante un minuto, os textos dalgún autor/a viv@ galeg@.
O evento foi moi entretido, e a poesía e prosa ían acompañadas nalgúns fragmentos por diversos instrumentos, dende a guitarra acústica, a guitarra eléctrica, o acordeón…, e mesmo dunha zanfoña. Polo escenario pasaron tanto persoeiros da política local de Rianxo, nenos e nenas, integrantes de Airiños e xentes vidas doutros lugares de Galicia. Todo istoo adobado pola agradable presentación da directora de Airiños, Esther Carrodeguas.
Agardaremos un ano máis para poder desfrutar de eventos coma este e que o público sexa cada vez máis numeroso, pois onte no auditorio, a verdade, é que collía un bo fato de xente máis. “Aínda que, claro, o evento coincidiu con Eurovisión”…, jejeje