Velaquí un curioso e moi ben pensado garaxe. En realidade son dous. Atópanse na parroquia de Isorna e, como vedes, é amplo e colle perfectamente un coche grande e todo o que se vos ocorra. Antes eran remolques dun camión e agora están reaproveitados como un espazo para gardar vehículos. Un dos remolques era do Froiz e outro dunha froitería. Así que xa vedes, baratos e funcionais 🙂
Tag Archives: garaxe