O 21 de setembro tivo lugar nos montes de Leiro a segunda das xornadas do I Trial Concello de Rianxo. Era unha proba puntuable para o campionato galego e os maiores dérono todo, cunhas vistas e un tempo moi de agradecer. O evento foi posible grazas ao Sabadell, o Concello de Rianxo, o Toffe, talleres Milocho e moitos outros colaboradores.
Fotos do I Trial Concello de Rianxo: os nenos
27 SetGrazas ao Banco Sabadell, ao Toffe, ao Concello de Rianxo, a talleres Milocho e ao clube de Trial de Teo, entre outros, en Rianxo puidemos desfrutar dunha proba de trial valedoira para o campionato galego. Velaquí algúns dos momentos da xornada do sábado 20 de setembro, cando participaron os máis cativos.
I Trial Concello de Rianxo: 20 e 21 de setembro
17 SetEsta fin de semana, celébrase nos montes de Leiro o I Trial Concello de Rianxo, que ademais é puntuable para o Campionado Galego de Trial. O evento está organizado polo Club Motociclista Teo, en colaboración co Concello de Rianxo e a Federación Galega de Motociclismo, e contando co patrocinio de Sabadell Gallego, como puidemos ler na web do Concello.
Así, a proba comeza o sábado 20 de setembro ás 16.00 horas coa proba infantil. Os nenos de entre 6 e 13 anos enfrontaranse a cinco zonas. Pola súa banda, os adultos terán o seu turno o domingo 21 dende as 10 h da mañá. A proba contará con 40 pilotos, algúns deles asturianos e castelán-leoneses.
Este evento será a sétima proba das nove que o compoñen o Campionato Galego.
Programa:
Sábado, 20 de setembro, 16 a 18:30 h.: Proba infantil
Domingo, 21 de setembro, de 10 a 15:30 h.: Proba Absoluta.


