Grazas aos kayaks de D’Fabula Ocio, puidemos facer unha ruta moi especial polo mar. En concreto, percorremos a costa dende o porto de Leiro ata o de Rianxo ao atardecer. A verdade é que o mar che ofrece unha perspectiva da costa moi diferente e, ao tempo, moi fermosa. Isto foi parte do que vimos.
Tag Archives: kayak
Fotos da regata galega de kayak de mar 2016
26 MarO pasado sábado, 19 de marzo, o Club Piragüismo Rianxo-Toffe organizou en Rianxo a primeira regata da liga galega de kayak de mar. Participaron 268 deportistas pertencentes a 22 clubes galegos, toda unha marca. O gañador foi o Club de Mar Ría de Aldán.

