A Pobra? Non, Rianxo

13 Dec

Non vaiades pensar que perdín a memoria e non sei onde estou. A sorpresa non é porque non coñecese A Pobra do Caramiñal, senón porque este cartel está situado en Rianxo, na parroquia de Isorna. Se todas as indicacións están igual de ben colocadas que Deus nos pille confesados.

Se ides da ponte de Catoira cara á autovía, veredes este cartel, xusto un pouco antes das obras do AVE. Leva aí anos, pero ata esta fin de semana (que pasei por alí en bicicleta) non lle puiden facer unha foto a esta curiosa estampa. Cal será a explicación? Un poltergeist? Sobraban carteis?

Advertisements

4 Respostas to “A Pobra? Non, Rianxo”

  1. txorima 12/13/2010 ás 22:25 #

    Estás en todas machiño, a verdade é que xa lle tiña o ollo botado a señora sinal ista…..
    Eu coido que lle falta un cacho, asi mais menos unha frecha que indique a dirección a coller pola estrada.
    Saudos
    (quédanos pendente a do cruzeiro que pegaron ó edificio en ´Fincheira, non te esquezas que pasas tódalas fins de semá por carón dela.)

  2. fotosderianxo 12/15/2010 ás 22:05 #

    Si, si, esa foto xa está sacada. O que pasa é que non a dou editado. A ver se esta fin de semana saco a luz a aberración urbanística de Rianxo 😉

  3. 6ferrados 12/20/2010 ás 08:33 #

    Non deixes que a realidade che estropee un titular, din os periodistas. Posiblemente achegándote un pouco mais viras que na sinal falta un cacho, que incluso podería estar por alí preto, no chan. Nese cacho indicabase, en km., a distancia ó polígono. Eso sí, a estas alturas xa debía estar amañado.

    En calquera caso, felicitarche polo blog, que aínda o descubrin onte. Hai fotos moi boas.

  4. fotosderianxo 12/20/2010 ás 21:27 #

    O certo é que eu recordo ese sinal así dende hai anos. E como se ve na cuneta, que está limpa, non hai outro cartel no chan. Pasei moitas veces no coche e foi o outro día, pasando en bicicleta, cando me decidín a sacarlle unha foto.

    Xa digo que non lembro que tivese algunha vez algún outro cartel que complementase o sinal. De todos os xeitos, non só falta a distancia, senón tamén unha frecha que diga onde está a Pobra.

    Pero a min, o que máis me chama a atención é que fai un sinal indicador dun polígono alí. Antes aínda está Boiro. E creo que o máis lóxico é indicar unha localidade: Boiro, A Pobra do Caramiñal, e unha vez que chegues alí indicar o polígono.

    Un saúdo e graciñas por pasarte 😀

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: