A penitencia da Virxe ante a aberración urbanística

29 Dec

Antes de nada teño que dicir que estas imaxes son reais. Non hai nada de fotomontaxe. Está entre Fincheira e As Cortes, en pleno cruce que nos leva á praia de Tanxil de Rianxo.

A min particularmente é que me dá vergoña ver como se fan estas cousas sen que pase nada e como se todo fose perfectamente normal. Temos unha aberración urbanística diante dos nosos ollos, fronte a un cruceiro que seguramentente máis dun século de vida, e dende Urbanismo, dende Patrimonio ou dende o organismo pertinente non se fai nada, é máis, permítese que pasen estas cousas. Se é que máis gañán e paleto non se pode ser. De verdade custaba algo facer as cousas doutro xeito? Pois está visto que a penitencia da Virxe é esta, estar castigada de cara á parede.

Advertisements

4 Respostas to “A penitencia da Virxe ante a aberración urbanística”

  1. Adolfo Muinhos 12/31/2010 ás 18:13 #

    Eu este cruceiro tamén o mandara ás chapuzas da Voz de Galicia e solicitei varias veces no Concello se puidese reubicar, por exemplo hai unha zona libre enfronte do edificio onde seguiria xogando o seu papel de sinalizar o cruce de camiños. O corpo pediría que se cambie a casa de sitio e non estorbe ao cruceiro pero é máis complexo!

  2. fotosderianxo 01/02/2011 ás 23:37 #

    Home, está claro que a casa agora non é adecuado movela, pero o problema é que se fan mal as cousas dende un primeiro momento e iso téñeno que saber de sobra. O que non é lóxico é que o resultado final sexa este: ou ben se move o cruceiro, ou ben se lle respecta o sitio ou ben se constrúe menos, calquera cousa menos o que se pode ver.

    Graciñas por comentar Adolfo.

  3. j.carlos collazo alejandre 01/03/2011 ás 11:44 #

    bastante mais dun sijlo…..a construsion non é de onte e a optica que se ten en Rianxo destas cuestions ,amen dos nosos jrandes xestores culturais,é a que é .Os nosos carjos electos son os que terian que dar conta de estas actuasions….mais esto non da votos,en fin para chorar.Jrasias polo blog.

  4. Io Bee 01/05/2011 ás 22:21 #

    A verdade é que estas cousas dan unha idea moi clara da importancia que se lle otorga ó nóso patrimonio. Non sei si o haberá, e nise caso pra qué vale, pero penso que fai falla un regulamento ou lei que protexa os espazos limítrofes dése patrimonio ao xeito doutras servidumbres, coma as de paso, de costas, e similares. Eso convertiría en ilegáis estes atentados e tropelías.
    Un saúdo e adiante.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: