A coordinadora do xornal De luns a venres é amiga miña. Falando un día con ela de imaxes curiosas, decidín enviarlle estas fotografías que xa puxen neste blog noutra ocasión. O caso é que hoxe as publicou no xornal. Iso si, por se alguén entendo que eu dixen que as vivendas son recén construídas, en ningún momento comentei nada. Simplemente enviei as fotos.
O cruceiro pegado á fachada, no xornal De luns a venres
17 XanA penitencia da Virxe ante a aberración urbanística
29 DecAntes de nada teño que dicir que estas imaxes son reais. Non hai nada de fotomontaxe. Está entre Fincheira e As Cortes, en pleno cruce que nos leva á praia de Tanxil de Rianxo.
A min particularmente é que me dá vergoña ver como se fan estas cousas sen que pase nada e como se todo fose perfectamente normal. Temos unha aberración urbanística diante dos nosos ollos, fronte a un cruceiro que seguramentente máis dun século de vida, e dende Urbanismo, dende Patrimonio ou dende o organismo pertinente non se fai nada, é máis, permítese que pasen estas cousas. Se é que máis gañán e paleto non se pode ser. De verdade custaba algo facer as cousas doutro xeito? Pois está visto que a penitencia da Virxe é esta, estar castigada de cara á parede.



