Fotos das Festas da Guadalupe 2011: o chupitaso

11 Set

Uno máis os rianxieros comezamos estas Festas da Guadalupe de Rianxo 2011 con moitas ganas. Infinidade de xente nova na praza de Castelao tiña ganas de despedir o verán como se merece e todo o mundo estaba desexando que soara o chupitaso e comezara a festa. Ao pregón creo que cada vez se lle fai menos caso, aínda que este ano o escritor Anxo Angueiro o traballou moito. Pero os máis novos están para outras cousas e cada vez o chupitaso é máis unha mestura entre a festa da auga e a do viño, e mesmo hai pistolas de auga e todo. Ademais, é raro estar no Campo de Abaixo e non rematar mollados.

Velaquí algúns momentos do chupitaso.

4 Respostas a “Fotos das Festas da Guadalupe 2011: o chupitaso”

  1. Coyote 09/16/2011 ás 06:12 #

    penoso!!! el pais se coloca mientras el país se desmorona

    • fotosderianxo 09/16/2011 ás 12:30 #

      Penoso por? Por querer desfrutar dunhas festas que hai décadas que se celebran? Por estar con amigos, pasalo ben e botar unhas risas? Se o país vai mal, cal é a solución, quedar na casa, rezar, ver faladoiros políticos nos que se critica todo o habido e por haber, etc? Eu, sinceramente, traballo, teño o meu contrato dende hai tempo e sempre reservo a semana das festas para desfrutar da Guadalupe.

      E creo que sen estas festas moita xente se resentiría, porque son moitos días nos que se move toda a economía local. Benefícianse os supermercados, a hostalería local, gañan cartos as bandas de música, as orquestras, a xente dos tenderetes, a das atraccións…

      Eu non entendo de bonos lixo, de débada soberana, de funcionamento dos mercados internacionais, de que vén a ser o Ecofin… Agora, sei que se teño posibilidades e podo desfrutar das miñas festas o vou facer. Na casa non arranxo nada e pasándoo ben e bailando non lle fago mal a ninguén. O penoso para min é criticar e non facer nada.

  2. Coyote 09/16/2011 ás 17:39 #

    Simplemente era un comentario sobre la situación actual, claro que no quiero que se dejen de celebrar actos festivos y sobretodo porque se perderían tradiciones locales. Tambien son épocas donde se mueve el dinero y eso en estos tiempos está más que bien. Lo penoso es ver el futruo que les espera a la mayoría de la gente que sale en las fotos, dado que la mayoría tendrán que susistir con la ayuda de los progenitores y estos últimos tambien están teniendo serios problemas. Un saludo

  3. Elisa 09/18/2011 ás 15:31 #

    Por dios, pero k dis? creo k necesitas sair un dia e disfrutar. Todos estamos en crisis está claro, pero esto e unha FESTA!!!!!!!! e a xente k sae nestas fotos seguramente teña un gran futuro. Non seas tan pesimista.
    Un saludo

Deixa unha resposta a Elisa Cancelar a resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: